O rexedor contou que “hoxe iniciamos os traballos de limpeza da ponte que vai sobre a autovía na zona da Folgueirosa. É unha estrada na que un dos carrís xa estaba practicamente cuberto de maleza. Dirixímonos en varias ocasións a Fomento e ante o retraso na limpeza desta vía, que é importante e ten bastante tráfico, decidimos iniciar eses traballos. Despois xa dirimiremos de quen é competencia este viario, que entendemos desde o equipo de goberno que non pode estar nesta situación máis tempo”.
E engadiu: “entón hoxe pola mañá iniciamos os traballos e fun ver que se levaran a cabo coa máxima celeridade e que se fixeran ben”. Está previsto que esas labores de limpeza rematen mañá.