Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a participar na festa na honra de San Cibrao o vindeiro 26 de setembro

130917 Festa na Honra de San CipriánCervo, 13 de setembro de 2017.- A Asociación de Xubilados Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza para o martes 26 de setembro, a Festa na Honra de San Cibrao.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada , o presidente do ente organizador, José Luis Sariego, e outros membros da directiva e da Asociación Terra-Mar; no local que teñen cedido na Casa do Mar, para desenvolver as súas actividades ao longo do ano.
ÁS 12:30 horas está programada unha misa solemne cantada pola coral Terra-Mar; ás 14:30 horas terá lugar a comida por un prezo de 15 euros para os socios da Asociación e de 25 euros para os non socios; e xa ás 17:00 horas dará comezo o baile na Casa do Mar.
O Concello de Cervo convida a todos, veciños e visitantes, a que participen da Festa o vindeiro 26 de setembro.

Exit mobile version