Deste xeito, o alcalde, acompañado do edil de Medio Rural, Plácido Pérez, da de medio ambiente, Manuela Méndez, e de varios técnicos especialistas desprazáronse esta mañá ata esa zona para buscar in situ a forma máis axeitada “para abastecer de auga pública aos veciños de Trasbar”.
O rexedor sinalou que entre as fórmulas que se barallan contemplamos “utilizar as instalacións existentes xestionadas polo Consorcio de Augas Cervo-Burela, a través do bombeo desta auga; ou ben facer unha nova captación de auga no val para fornecer á veciñanza deste servizo”.
Villares engadiu que “dende o Concello de Cervo estamos a traballar para axilizar na medida do posible todo o proceso e, en todo caso, a previsión é ter nas nosas mans como moi tarde a comezos de ano a solución definitiva, para logo redactar o proxecto das obras; para que o servizo poida ser unha realidade ao longo do 2018”.