Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello destina 209.000 euros a un plan de aglomerado asfáltico e rebacheo, que se leverá adiante nas parroquias ribadenses. O Alcalde agarda que os traballos dean comezo a finais de outubro ou principios de novembro

XornadaViveiro7Ribadeo, 25 de setembro de 2017. O Concello investirá 209.000 euros, de fondos propios, nun plan de aglomerado asfáltico e rebacheo que se levará adiante nas parroquias ribadenses, segundo anunciou hoxe o alcalde, Fernando Suárez. Esta semana publicaranse no BOP e no perfil do contratante as bases desta licitación para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas. O rexedor agarda que os traballos poidan iniciarse a finais de outubro ou principios de novembro.
Suárez Barcia explicou que “se trata dun importante plan de aglomerado asfáltico e de rebacheo que afecta a todas as parroquias do concello de Ribadeo. En total van ser case 209.000 euros, que financiamos con fondos propios. E isto ten que ver co que dicíamos a semana pasada sobre o estado da economía municipal, que é boa cousa ter remanentes positivos e que as contas vaian indo ben porque nos dá precisamente para ter este músculo e poder dispoñer agora de 209.000 euros de fondos estritamente municipais para facer fronte a unha serie de actuacións en Vilaselán, en Piñeira, en Vilaframil, en Rinlo, na Devesa, en Ove, en Cubelas, en Cedofeita, en Arante, en Couxela e en Santalla de Vilaousende”.
O alcalde dixo: “contamos que pasado mañá sairá publicado no Boletín Oficial da Provincia e tamén no perfil do contratante da sede electrónica do Concello de Ribadeo este proxecto, para que os empresarios que cumpran os requirimentos técnicos poidan presentar a mellor oferta e a ver se somos capaces de que a finais de outubro ou principios de novembro poidamos iniciar estes traballos en todas as parroquias. E tamén a partires de agora gradualmente vamos ir facendo estes traballos en aglomerado asfáltico porque, aínda que é máis caro e actuamos en menos superficie, o resultado dura moitos máis anos. Polo tanto seguirá habendo rebacheos, pero imos ir gradualmente ampliando a superficie na que utilizaremos aglomerado asfáltico, tal como imos facer agora en Arante y en Vilaframil”.

Exit mobile version