Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello inicia as obras do trasvase de area na Praia de Covas

Viveiro 18-9-17. Este luns asinouse a acta de replanteo para o inicio das obras do trasvase de area na Praia de Covas. Estas obras, que serán executadas pola empresa Villasuso Ortegal SL, serán realizadas segundo o proxecto no que se especifica que os traballos consistirán na realización dun trasvase de 30.000 metros cúbicos de area da zona de levante aos primeiros 500 metros da zona de poniente da praia de Covas.

Durante a execución destas obras, que durarán aproximadamente 2 meses, a praia permanecerá pechada por motivos de seguridade, tendo en conta a gran tonelaxe da maquinaría a empregar para a realización dos traballos.

Dende o Concello de Viveiro valórase positivamente este intervención, que vai poñer freo momentaneamente á degración deste areal, e aproveitase a ocasión para solicitar disculpas aos veciños polas molestias que estas obras poidan ocasionar

Exit mobile version