Coincidindo coa xornada final desta acción formativa, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou ao alumnado do curso que, entre outras habilitacións, faculta ás persoas que o superen para exercer de tripulante subalterno en calquera servizo en buques.
Balseiro sinalou que este tipo de actuacións “son fundamentais para poder impulsar o relevo xeracional no sector” e celebrou que “se evidencia que a xente nova ve futuro no mar, segue apostando por traballar na pesca, e proba delo é a elevada demanda que están rexistrando todos os cursos que organizamos na materia”.
O delegado tamén destacou a importancia da descentralización das accións formativas para este colectivo profesional e a renovada vontade do Goberno galego por achegar a formación aos portos e garantir así a mesmas oportunidades independentemente do seu lugar de residencia.