Site icon Crónica3.com A Mariña

O gastrobar ‘Contraste’ de Burela abrirá o seu servizo de comidas o 2 de outubro

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO novo gastrobar ‘CONTRASTE’, inaugurado fronte á Praza do Concello o pasado luns en Burela, comezará a ofrecer servizo de carta a partir do vindeiro 2 de outubro. Malia que o novo local xa se atopa a pleno rendimento como café bar, destacando a súa oferta de almorzos desde as sete e media da mañá, a partir de outubro ofrecerá outro dos seus maiores atractivos: unha variada carta con tapas e racións para compartir, ensaladas e unha orixinal oferta de pratos con ovos, peixes ou carnes, ademais dunha ampla adega de viños. Desde o ‘CONTRASTE’ animan aos seus clientes a que “contrasten” esta nova carta a partir do luns 2.

Exit mobile version