Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno converte a Deputación na principal patrocinadora da Semana do Cine, con 35.000 euros

presentacion sica-deputación11 de setembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este luns no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a 39ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, do 18 ao 23 de setembro. Fíxoo xunto á Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; á Xefa da Area de cultura da Xunta de Galicia en Lugo, María José Gómez; ao Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo da USC, Javier Bueno Lema; ao Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz Ramil; e ao Director da Semana Internacional de cine de autor, Manuel Curiel Fernández.

O Goberno Provincial é o principal patrocinador desta cita cinematográfica, pois colabora cunha achega económica de 35.000 euros, e a través da TIC, que elaborou un vídeo promocional para difundir o festival por toda a provincia. Pola súa parte, o Concello de Lugo, colabora con outros 18.000 euros.

Campos Conde puxo en valor “o traballo e o esforzo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, para que este festival, consolidado no tempo, sexa unha cita referente, no eido cultural da nosa provincia, que repercute positivamente na economía e no turismo da cidade de Lugo, ao longo de toda a semana, que dura o festival. Dende o Executivo Provincial somos conscientes da importancia de apoiar e impulsar un sector tan importante e laureado da nosa provincia, como é o cinematográfico, que dá emprego a centos de persoas, todos os anos.”
O Presidente lembrou que “a Deputación de Lugo, é a única administración que achega, totalmente gratis, estudos superiores de comunicación, imaxe e son, na provincia, impartidos por profesionais, na escola da Fundación TIC, co obxectivo de que os nosos alumnos entren a traballar no mercado do audiovisual”.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, fixo alusión ao intenso mes cultural no Concello de Lugo, posto que, nestes momentos estase a celebrar o concurso de tapas, e despois entrará en escena esta Semana de Cine de Autor, xusto antes da celebración das Festas de San Froilán. A edil quixo facer fincapé nas seccións deste ano adicadas ás mulleres, á diversidade ou á gastronomía, invitando aos moitos amantes do sétimo arte a gozar da coidada selección de películas e curtas nesta 39ª edición. Como novidade, este ano faranse pases no auditorio do Vello Cárcere.

Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo
Nesta 39ª edición, o festival rende homenaxe ao mindoniense Victoriano López García, Fundador e Director do Instituto de investigacións e experiencias cinematográficas, e primeiro lucense en gañar un Premio Goya, no 50 aniversario do seu falecemento, a través do cartel oficial da Semana, así como a reposición dalgunha das súas películas nas distintas salas do Festival. Este ano o cartel anunciador da semana o realizou o pintor lucense LÁZARE.

As cintas foron seleccionadas tras recibir máis de 1.500 longas e curtas, de 65 países de todo o mundo, das que seleccionaron 93 para esta edición. Dentro da programación do festival, figuran 10 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer…Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Homenaxe a Victoriano López García, e Sección curtas de cine.

Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do saber), Vello Cárcere, e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas. As cintas no Auditorio municipal Gustavo Freire, terán un prezo de entre 3 e 5 euros, dependendo do ciclo.

Programación do Festival
Ciclo Infantil.- Todas as actividades terán lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 horas.
– O 18 de setembro: La tortuga roja.
– O 19 de setembro: Ribit.
– O 20 de setembro: Los superhéroes.
– O 21 de setembro: ORM en el reino de las nieves.
– O 22 de setembro: La vida de Calabacín.
– O 23 de setembro: Albert.

O mellor do ano.- Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.
– O 18 de setembro: Migas de pan.
– O 19 de setembro: Psiconautas. Los niños olvidados.
– O 20 de setembro: María (y los demás).
– O 21 de setembro: Los inocentes.
– O 22 de setembro: Sólo en fin del mundo.
– O 23 de setembro: Un hombre llamado Ove.

Sección Oficial.- Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 22:45 horas.
– O 18 de setembro: A foresta das almas perdidas.
– O 19 de setembro: Encadenados.
– O 20 de setembro: Bajo la rosa.
– O 21 de setembro: Días y noches en el área.
– O 22 de setembro: Zoe.
– O 23 de setembro: Llueven vacas.

E para comer…Lugo.- Todas as películas proxectaranse na Biblioteca Provincial de Lugo ás 19:30 horas.
– O 19 de setembro: O equilibrio dos opostos.
– O 20 de setembro: Delicatessen.
– O 21 de setembro: Mi panadería en Brooklyn.
– O 22 de setembro: Frontera invisible, Dieciocho, Abuela Esperanza, Nouvelle Cuisine, Menú.

Arte de cine.- Todas as películas proxectaranse no Museo Provincial de Lugo ás 19:00 horas.
– O 19 de setembro: Sísifo confunso. Trabajos y días de Francisco Leiro.
– O 20 de setembro: Cesteando.
– O 21 de setembro: Lordemani.
– O 22 de setembro: Art revolución.

Ciclo Cárceres.- Todas as películas proxectaranse no Vello Cárcere ás 19:30 horas.
– O 19 de setembro: La evasión.
– O 20 de setembro: Grados de libertad.
– O 21 de setembro: Eleuterio Sánchez contra El lute.
– O 22 de setembro: Cartas desde la celda, Zaratrusta aínda fala.

Grandes Historias.- Todas as películas proxectaranse no MHL ás 18:00 horas.
– O 19 de setembro: Te quiero, hermano.
– O 20 de setembro: Una lucha contra el tiempo.
– O 21 de setembro: Mujer (es) mujer.
– O 22 de setembro: O tempo futuro.
– O 23 de setembro: Shoots from Abyssinia.

Cine Galego.- Todas as películas proxectaranse na Deputación ás 18:00 horas.
– O 18 de setembro: Pelerinaxes.
– O 19 de setembro: Esquece Monelos.
– O 20 de setembro: Historias de un viejo camionero.
– O 21 de setembro: Einstein-Rose, Irei a Darbo, Sibilia, Aciaga, Hermetismos, Area, 1948-2016. Un final para empezar, Sen palabras, La brecha, Asasino, Zombiraxe.

Homenaxe a Victoriano López García.- O 22 de setembro, ás18:00 horas no Pazo de San Marcos, Una cubana en España.

As curtas tamén son Cine.- Todas as curtametraxes proxectaranse no Vicerreitorado da Universidade de Lugo (Casa do Coñecemento) ás 19:00 horas.
– O 18 de setembro: As curtas máis premiadas 1.
– O 19 de setembro: As curtas máis premiadas 2.
– O 20 de setembro: As curtas máis premiadas 3.
– O 21 de setembo: As curtas máis premiadas 4.
– O 22 de setembo: As curtas máis premiadas 5.

Premios Oficiais
Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial: Trofeo e 1.000 euros
Premio do Público á Mellor Película Documental: Trofeo e 300 euros
Premio do Público á Mellor Película Galega: Trofeo e 300 euros
Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega: Trofeo e 300 euros
Premio do Público á Mellor Curtametraxe: Trofeo e 300 euros

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá naceu en Lugo a mediados dos anos setenta polas inquedanzas duns mozos afeccionados ao mundo da imaxe. A fotografía, como medio de perpetuar a vida, deixando constancia do vivido para o futuro, e o cine como sucesión de fotografías acompañadas da palabra e da música, constitúen a premisa deste grupo de afeccionados que tomaron o nome da lagoa existente no Concello de Pastoriza.

Ademais das semanas internacionais de cine de autor, é importante destacar as cinco Bienais de Fotografía e os numerosos cursos, sesións, certames, conferencias ou exposicións, sempre relacionadas co cine e a fotografía, que organizan.

Exit mobile version