Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Humorístico Trípode prepara un novo traballo, a obra titulada “Cousas de vellos”

2017-09-19-PHOTO-00000167O Valadouro 20-9-17. Dende que se formara no ano 2012, Trípode leva representado polos escenarios un total de catro obras: “Curso de primeiros auxilios”, “Xuízo anticorrupción”, “Apedreando” e “A panxoliña máis fermosa”. Trátase dun grupo formado por Alberto Níñez, Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” e Pepe Peinó, que súas tres primeiras obras actuaron sos, pero que na cuarta foron acompañados por outros actores: Santiago Quirós, Raquel Amieiro, Susi Paz, Sandra Amieiro, Mónica Díaz, Leni Níñez, José Ramón Vila, Matías Nicieza, Juan García.
O pasado sábado día 16 o Grupo Trípode participou no Xuízo a Touriñán que se organizou co gallo da celebración dun partido benéfico na parroquia de Santaballa, en Vilalba, no que José Ramón Vila (Xuíz) e Pepe Peinó (Policía) atrevéronse a someter a xuízo ós mesmísimos Touriñán e Marcos Pereiro.
A nova obra, “Cousas de vellos” promete ser aínda máis simpática cás anteriores. Xa foi representada anteriormente en dúas ocasións, con motivo da presentación do libro de Pepe Peinó “Vinte obras de teatro afeccionado”, en Trabada e A Pontenova, pero agora prepárana os tres actores fundadores de Trípode: Alberto Níñez, Cachín e Peinó. A obra é moi axeitada para ser representada no máis puro estilo de Trípode, en lugares pequenos como comunidades de veciños, cafetarías, residencias da terceira idade, etc. A estrea terá lugar o vindeiro domingo, día 24, nun cursiño de persoas da terceira idade que se celebra en Ribadeo.

Exit mobile version