Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento aproba solicitar á Xunta que colabore para que a Romaría das Cruces en Ribadeo sexa declarada festa de interese turístico galego

Daniel Vega en Comisión 01Santiago, 21 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a colaborar coa asociación promotora do evento e co Concello de Ribadeo para que a Romaría das Cruces, que cada ano se celebra nesta localidade da Mariña lucense, poida obter a declaración de Festa de Interese Turístico Galego.

O deputado popular Daniel Vega explicou que a Romaría das Cruces celébrase a finais do mes de maio, coincidindo coa festividade do Luns de Pentecostés, no barrio da Ponte de Ribadeo.

EN RECORDO DA BATALLA DE ARANTE

Esta celebración, á que acoden veciños ondeando pendóns das parroquias ribadenses de Ove, Cubelas, Cedofeita e Arante, así como das de Sante, Balboa e Vidal do concello de Trabada, conmemora o enfrontamento das xentes do lugar na Batalla de Arante contra as tropas de Napoléon de xeral François Fournier durante a Guerra da Independencia.

Daniel Vega apuntou que nesta data en lugar un ritual dos pendóns e as cruces arredor da ermida da Virxe das Virtudes. Este santuario está localizado ao lado co Camiño Norte de Santiago e a súa construción data de finais do século XIV.

“A Romaría das Cruces reúne condicións máis que suficientes para iniciar os trámites que conclúan coa súa consideración como Festa de Interese Turístico de Galicia, condición que tamén apoian os propios veciños da localidade e a asociación que se encarga da organización da festa”, afirmou o deputado popular.

Exit mobile version