Site icon Crónica3.com A Mariña

O patrimonio agochado de Foz. Xoves 28 ás 20:30 no CENIMA

Foz 27-9-17. O xoves 28 de setembro ás 20:30 Manuel Miranda Ruiz, presidente da asociación Mariña Patrimonio, imparte unha conferencia sobre o patrimonio focego, con especial referencia a aqueles lugares de valor histórico e paisaxístico existentes no concello, actualmente descoñecidos.

Roteiro

(Sábado 30 ás 16:30)

O sábado 30, dámoslle continuidade a actividade cun roteiro guiado por Manuel Miranda onde visitaremos o castro e o porto de Fazouro, a fortaleza da Frouseira, o Cano dos Mouros en san Mariño e a Furada da Serpe en Santa Cilia. O roteiro ímolo facer en autobús polo que é necesario inscribirse previamente, quedando libres 6 prazas. Se queres participar no mesmo apúntate a máis tardar o xoves 28, chamando ao telefone 608.555.010 ou escribindo ao email apombadoarco@gmail.com.

Exit mobile version