Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro agradece á Xunta a proposta aportada para solucionar a problemática da empresa Vestas

En Viveiro, a 7 de setembro de 2017. O PP de Viveiro quere agradecerlle a Axencia Galega de Infraestruturas, dependiente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a remisión ó Concello de Viveiro da proposta técnica que vai a servir para darlle solución á problemática situación da empresa Vestas.

Unha vez máis e ante a falta de iniciativa do Concello, a Xunta de Galicia é a que atopa a solución para unha situación xerada por un equipo de goberno socialista cando no ano 2009 concederon ilegalmente licencia de obra e de actividade sin as preceptivas autorizacións autonómicas e permaneceron cinco anos de brazos cruzados sin adoptar ningunha medida para darlle solución a esta ilegalidade.

Dende o PP de Viveiro e dado que se precisa a conformidade do Concello, urximos á Sra. Alcaldesa a que responda o máis pronto posible á petición da administración Autonómica, dado que esta é a solución legal que vai a garantir a continuidade e o futuro dunha das empresas máis importantes da nosa zona.

Dende o PP de Viveiro agardamos que non actue igual que no pleno do 5 de xuño de 2014, no que ante unha moción presentada polo noso grupo para que por parte do equipo de goberno municipal socialista se procedese á tramitación dun plan de sectorización para legalizar a licencia otorgada a Vestas, a Sra. Alcaldesa e o seu equipo de goberno, tal e como consta en acta, votaron en contra.

Agardemos que desta volta actúen conforme á legalidade e fagan o único que teñen que facer, que é dar a súa conformidade á proposta feita pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro

Exit mobile version