Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro constata como a Alcaldesa pide para ela o que non aplica ós demáis

En Viveiro a 8 de setembro de 2017. No día de hoxe o PP de Viveiro puido constatar como a Sra. Alcaldesa acompañada do Presidente da Diputación, tiñan unha reunión con familiares dos usuarios do centro Aspanane – centro que atende a persoas con discpacidade intelectual -, para visitar as obras de ampliación de dito centro ó que contribui ese organismo provincial con 35.000 euros.

Dende o PP de Viveiro queremos agradecer unha vez máis calquer aportación que se faiga en beneficio dos veciños de Viveiro, veña de onde veña e máxime nuhna boa causa coma é esta de atender as necesidades de persoas vulnerables. Queremos lembrar aquí o compromiso inequívoco con Aspanane da Xunta de Galicia, que anualmente en dende xa fai tempo ven aportando cantidades importantes para que esta asociación poida levar adiante a súa tarefa, concretamente os 484.821 euros que aportou no 2016 para o sostemento das 40 prazas concertadas e que según a previsión neste 2017 será a mesma ou máis en función da necesidade das prazas a concertar.

Dende o PP de Viveiro, lamentamos a actitude da Sra. Alcaldesa de non avisar a ningún membro do noso grupo para acudir a este acto e podemos dar fé de que foi así, ó tempo que lamentamos o “ninguneo” que se lle fai á Xunta de Galicia, a entidade que máis aporta, ano si e ano tamén, ó non ter chamado a ningún representante da mesma. Unha lástima que a Sra. Alcaldesa non practique o respeto institucional que demanda para si, coa diferencia de que no seu caso so está nas súas ensoñacións, xa que sempre que se queixou se lle demostrou como as súas queixas eran infundadas.

Exit mobile version