Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro constata unha vez máis o compromiso da Xunta con Viveiro a través do fondo de cooperación local

Viveiro a 19 de setembro de 2017. O PP de Viveiro constata unha vez máis o compromiso da Xunta de Galicia cos concellos da provincia de Lugo, logo de destinar a través do Fondo de Cooperación local 20 millóns de euros entre todos eles.

Non hai moito a Sra. Alcaldesa loubaba os 500.000 euros recibidos da Diputación a través do Plan Único – e que dende o noso grupo agradecemos o organismo Provincial -, coma case sempre para facer de menos as inversións da Xunta – a pesares que xa lle temos demostrado en numerosas ocasións que son bastante superiores- .
Sinalaba así mesmo que os criterios aplicados pola Diputación serían os que debería de aplicar a Xunta con Viveiro.

Pois menos mal que a Xunta á hora de repartir o Fondo de Cooperación local non lle fixo caso a nosa Alcaldesa, xa que cos criterios do Plan Único da Diputación Viveiro recibiu 500.000 €, namentres que co criterio obxectivo poblacional pactado coa FEGAMP e que aplicará a Xunta para o reparto do Fondo de Cooperación, Viveiro recibirá 532.000 €, é dicir 32.000 € máis.

A maiores, este fondo ten unha vantaxe evidente respecto do Plan Único da Deputación., xa que é incondicionado, é dicir, os concellos poden investir no que estimen máis axeitado para os intereses dos seus veciños, a diferencia do Plan Único da Diputación onde se establecían distintos conceptos e porcentaxes da cantidade asignada para cada un deles: obras, cultura, actos festivos etc.

Unha vez máis dende o PP de Viveiro queremos agradecer esa aposta decidida e firme da Xunta de Galicia cos Concellos de toda Galicia e en particular co noso.

Exit mobile version