Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz denuncia o mal estado no que se atopa a Aula da Natureza da localidade

Image 2Foz 21-09-2017 A deixadez do equipo de goberno do PP de Foz e a súa insensibilidade cos animais é escalofriante.
En estado calamitoso se atopa a Aula da Natureza do concello de Foz. Si agora que, aínda estamos en temporada estival e seca, esta totalmente encharcado e enlamado o hábitat das especies de aves que alí conviven, non queremos nin pensar como será cando chegue o outono e inverno coa choiva.
As deficiencias que presenta, nin son puntuais nin de hoxe, pois xa foron levadas a pleno en diversas ocasións e o alcalde fixo oídos xordos ás mesmas.
Non hai mais que dar unha volta ao redor do recinto para observar como a auga estancada xa sae do interior da Aula invadindo e formando charcos con un desagradable limo verdoso, varios camiños do paseo ata chegar ao mar e como no interior, ás aves, cúbrelles o barro a totalidade das patas. Tamén, a ollos de calquera profano, se aprecia como as árbores que hai no interior están enfermas.
Os veciños comunicáronnos que fai un par de días que, incluso, había varias aves mortas no interior do recinto que eran picoteadas polo resto. Lamentable imaxe para o noso pobo diante de veciños e turistas.
A este alcalde todo o que sone a natureza e mais si foi feito polos anteriores gobernos socialistas, parece que lle estorba, molesta e ten que eliminalo, empezou por exemplo, asfaltando pequenas zonas verdes das beirarrúas, o mini-xardin onde esta a estatua do Xico, talou sen consideración árbores coa escusa das obras da avda da Mariña e agora parece empeñado en deixar morrer a Aula da Natureza.
Ten unha partida nos orzamentos deste ano, solicitada polo PSOE, para unhas novas instalacións para a protectora de animais, pero remata o ano e todo apunta a que, cans e gatos nela acollidos, terán que pasar o inverno nunhas instalacións igual de deficientes que as da Aula da Natureza.
Os socialistas rogámoslle que faga o debido mantemento na Aula da Natureza ou, si non a quere que a quite, pero que non teña ás aves malvivindo nesas lamentables condicións.

Exit mobile version