Site icon Crónica3.com A Mariña

O ximnasio municipal de Barreiros acolle dende este venres sesións de adestramento persoal. A inscrición está aberta e a actividade é gratuíta

140917 Foto adestramento persoal BarreirosBarreiros, 14 de setembro de 2017. Mañá, 15 de setembro, darán comezo no ximnasio municipal de Barreiros unhas sesións de adestramento persoal que terán lugar ata o 13 de outubro. A actividade, que era presentada polo alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Deportes, Adrián Blanco, é gratuíta, e desenvolverase os mércores e venres en horario de 16:00 a 20:00 horas, en clases dunha hora de duración.
O rexedor barreirense subliñou que “se trata dunha actividade que nos parece novidosa e interesante para os rapaces, como son unhas sesións de adestramento persoal. Non se trata simplemente duns adestramentos, senón que aquí en colaboración coa Xunta de Galicia plantexámoslle un proxecto para a mocidade, que é saber adestrar”.
Fuente Parga declarou que “se están incrementando moito as tarefas deportivas e o inicio ao deporte, pero en moitos casos faise sen seguir unhas pautas saudables. Aquí o que van a aprender das mans de técnicos deportivos, de xente experimentada, é cómo hai que facer os adestramentos, cales son hábitos saudables incluso desde a nutrición, os tempos de adestramento, etc”.
Para o alcalde “esta actividade é interesante tanto para rapaces como para persoas maiores. É un tema novidoso e creo que interesante para toda aquela xente que se dedica a facer calquera actividade deportiva pola súa conta porque aquí lle van marcar unhas pautas que debe seguir en canto a tempos de adestramento como alimentación e todo o que se relaciona co deporte”.
O rexedor anunciou que “a inscrición está aberta. As persoas interesadas poden achegarse ao ximnasio municipal en Barreiros. Vai ser dende o 15 de setembro ata o 13 de outubro, e será sempre mércores e venres desde as 16:00 ás 20:00 horas. Son sesións dunha hora de duración e faranse grupos para que sexa máis intensivo e poidan aproveitar mellor o tempo”.

Exit mobile version