Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas ribadenses Aleix e Brais Díaz Salas fichan por un novo de club de atletismo

457D7D59-753D-4A0A-8058-261B2B13D738Ribadeo 2-9-17. Este sábado 2 de setembro, os atletas Aleix e Brais asistiron ó seu primeiro adestramento co seu novo equipo. Trátase da Escuela atlética lucense, que como o seu propio nome indica, está afincado na capital provincial.

Aleix e Brais compaxinarán os adestramentos nas propias pistas de atletismo de Lugo, co traballo individual en Ribadeo, sempre supervisado e dirixido po-los novos adestradores.

Na sua corta carreira deportiva, este é o terceiro club do que forman parte. Empezaron na sección de atletismo das Escolas Deportivas de Ribadeo, xestionada po-lo club local de atletismo, pero pronto tiveron que face-lo primeiro cambio para poder te-la posiblidade de participar nas competicións escolares en pista, a ilusión destes rapaces dende moi nenos. Pasaron pois a formar parte das EE DD Lourenzá, defendendo as suas cores durante 5 temporadas. Unha etapa na que pronto se viron os bos resultados, con numerosos podiums en campionatos oficiales a nivel local, provincial e galego.

Pasado este periodo, nenos e pais consideraron oportuno dar un seguinte paso, buscando un novo club. Na Escuela atlética lucense atoparanse con máis rapaces da sua idade e sobre todo con adestradores con titulación de ámbito nacional en atletismo, con amplia experiencia nas competicións en pista e especializados en toda-las disciplinas deste fermoso e variado deporte. Po-lo tanto danse todo-los ingredientes para que Aleix e Brais sigan medrando como deportistas, atletas e persoas.

Moita sorte rapaces nesta nova etapa.

Exit mobile version