A perda de servizos sanitarios na comarca aféctalle de xeito moi directo @s 2000 traballadores e traballadoras da factoría
Para o Comité de Empresa de Alcoa, esta é unha situación grave, e aféctalles de xeito especial aos 2000 traballadores e traballadoras que desenvolven a súa actividade laboral na factoría de San Cibrao, tendo en conta tamén os riscos aos que están sometidos no desempeño do seu traballo, que en ocasións poden derivar desgrazadamente en sinistros laborais.
A Plataforma continúa coa súa labor informativa. O domingo día 1 de outubro estarán na Festa da Faba en Lourenzá a partir das 11:30h
Os colectivos que integran a Plataforma continuan informando á poboación, percorrendo as localidades, celebrando asembleas. Hoxe xoves estarán en Mondoñedo, na Casa da Xuventude, mañá venres no Valadouro, na Casa da Cultura. E na próxima semana acudirán a San Cibrao, na Casa da Cultura o luns día 2, e o martes 3 en Foz tamén na Casa da Cultura. Todas as asembleas son ás 20:30h.
Continúa asimesmo asistindo aos mercados semanais das vilas e aos centros de traballo e comercios, informando de primeira mán á cidadanía e repartindo dípticos informativos e convidando @s mariñaos a asistir o día 5 de outubro á manifestación que terá lugar en Burela ás 20h para decir non á perda de servizos no Hospital da Costa e defender o mantemento da Área Sanitaria.
O domingo día 1 de outubro, membros da Plataforma asistirán á Festa da Faba en Lourenzá para distribuir información entre @s asistentes.