Site icon Crónica3.com A Mariña

Para CxG, o PSOE de Burela demostra a súa nula capacidade

CxG pedía fai pouco a dimisión do alcalde de Burela pola falla de palabra no relativo ó seu programa electoral. O informe de investimentos feito polo Ministerio de facenda ven a demostrar que CxG Burela tiña razón.

BURELA É O SEGUNDO CONCELLO DE GALICIA CON MENOS INVESTIMENTO POR HABITANTE POR ANO.

Gran logro político de Alfredo e o seu equipo e situar Burela neste ranking, so superada por Os Blancos de Ourense que ten 830 habitantes. A realidade é fría, e as cifras din que o Concello de Burela inviste menos de 15€ por habitante, por exemplo Dumbría inviste 511 €.

Está é a capacidade de xestión de este equipo de goberno e como xa anunciou no seu día Compromiso por Galicia os catro anos de xestión do PSOE en Burela van ser perdidos para avanzar como vila.

Esperamos que termine pois o triunfalismo socialista e se adiquen a atender Burela con inversión e servizos. Esta moi ben distraer a xente con conflictos por rúas, peatonalizacións á carta, manocomunidade, rutas xeoloxicas, musicaís … pero coas cousas do Futuro non se xoga, o mellor para Burela sería que escomenzarán a traballar e menos foto.

Exit mobile version