Dispoñibles dende hoxe
Os socios/as laranxas poden recoller o seu carné 2017-18, dende hoxe, 5 de setembro, na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo). Todos os interesados en abonarse tamén poden acudir á sede burelista para recibir toda a información.
Horario de atención ao público: De luns a xoves entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas e os venres de 10.00 a 15.00 horas
Tarifas de socios/as para 2017-18
Individual: 80 euros
Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
Menores de 18 anos: Gratuíto