Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas do PP de Viveiro para o vindeiro pleno

En Viveiro a 26 de setembro de 2017. Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

1 ) No Pleno do 8 de Xaneiro do 2015 este grupo municipal presentou unha moción relativa á colocación de carteleiras informativas no noso Concello , moción que despois dun amplio debate foi aprobada por unaminidade e consesuada para facultar á Sra. Alcaldesa para que fixera as xestions necesarias coas empresas, así como para buscar os sitios máis idóneos para a súa instalación polas distintas parroquias do noso Concello .

No Pleno do 4 de novembro de 2015, o noso grupo preguntou por este asunto manifestando a Sra. Alcaldesa que pedirán precios e que saían a 350 € mais IVE unidade, faltando por decidir decidir os lugares máis adecuados para a súa colocación.

Como a día de hoxe e case despois de dous anos a situación sigue igual sin carteleiras nas parroquias e polo que lle volvemos a PREGUNTAR á Sra. Alcaldesa:

a) Dado que as empresas funerarias eran as máis interesadas en axudar a costear este servicio , contactou con elas para falar de dita posibilidade?

b) No caso de terse reunido coas mencionadas empresas, chegaron a algún acordo?

c) Cales son os motivos polos que a dia de hoxe non se colocaron as carteleiras nas distintas parroquias do noso Concello tal e como se acordou neste pleno?

s) Si se van a colocar as carteleiras, cando pensan facelo?

2) Na revisión do contrato do Concello coa empresa concesionaria de limpeza e recollida de lixo CESPA no ano 2007 , incluiuse o compromiso do Concello de ceder a dita empresa unha parcela para a construcción dunha nave. Dado que dito terreo se puxo a disposición da empresa no ano 2015 e se lle reiterou no ano 2016 para que fixera esta nave no polígono industrial de Landrove, sin que a día de hoxe teñamos constancia deste feito , o que si lle añadimos que a empresa acaba este ano o contrato, son os motivos polos que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

a) En que situación se encontra á día de hoxe a negociación entre a empresa concesionaria de limpeza e recollida de lixo CESPA e o Concello para a construcción da citada nave?

b ) Dado que este ano acaba a concesión coa empresa Cespa da recollida de lixo e de limpeza no noso Concello, ten o equipo de goberno preparado os pliegos de condicións para un novo concurso de adxudicación dun novo contrato?

c) En caso afirmativo, para cando está prevista a comisión ou mesa de contratación para iniciar este novo concurso de adxudicación de limpeza e recollida de lixo do noso Concello?

Antonio J. Bouza Rodil
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro

Exit mobile version