
O programa emitirase de 10 a 12 da mañá desde a Praza do Conde Santo e será dirixido e presentado por Félix Jorquera. Entre os invitados que participarán neste espazo radiofónico estarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a pregoeira da Festa da Faba 2017, Gema Iglesias; o autor do cartel do evento, Ignacio Castro (Nachok); o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, José Cuadrado; o presidente de Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá, Javier Huertas; o responsable da organización da concentración de vehículos clásicos, Fran Rivas; e a presidenta da asociación cultural Osorio Gutiérrez, María José Freire.