Site icon Crónica3.com A Mariña

RadioVoz realizará un programa especial en directo dende ribadeo, con motivo das súas festas patronais, para todas as emisoras desta cadea na provincia de Lugo. Será este xoves, 7 de setembro, de dez a doce da mañá

Burela 2Ribadeo, 6 de setembro de 2017. RadioVoz realizará un programa especial en directo dende Ribadeo, con motivo das súas festas patronais, este xoves, día 7, para todas as emisoras desta cadea na provincia de Lugo.
O programa emitirase de 10 a 12 da mañá dende os soportais da Casa do Concello ribadense e será presentado por Félix Jorquera e María José Fernández Azpeitia.
Entre os invitados que participarán neste espazo radiofónico estarán o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; os membros da comisión organizadora dos festexos, Juan José Otero, Avelino Martínez e Inmaculada Fernández; a pregoeira das festas, Celia Castro; o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo; David Martínez; o presidente da asociación Amadores da Música, Chema Suárez; o director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester; a directora da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rodríguez Cancelo; e o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña.

Exit mobile version