Site icon Crónica3.com A Mariña

Taller de escritura na Librería Bahía

obradoiro escritaEste mes de setembro comeza na Librería Bahía un TALLER DE ESCRITURA dirixido polo poeta EDUARDO ESTEVEZ.

Está dirixido a homes, mulleres, rapazas e rapaces de 13 anos en diante –non hai edade límite por enriba- que lles guste escribir ou que lles gustaría facelo pero non saben moi ben como empezar.

Vaise desenvolver durante todo o curso en dúas sesión mensuais os venres ás oito e media da tarde.

O próximo venres día 29 de setembro ás oito e media, dará comezo cunha sesión de presentación aberta para quenes queiran achegarse e ver de qué se trata e tamén para quenes xa están apuntados e teñen claro que queren participar.

Eduardo Estevez ten publicados varios libros de poesía, un deles en colaboración có fotógrafo laurentino Nachok, e dirixe talleres de escritura en Santiago de Compostela e nalgunha outra poboación de Galicia.

Exit mobile version