Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro en Valadouro: “Zume de Amorodios” a cargo de O Centiño

A Concellería de Cultura do Concello de Valadouro presenta este sábado ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo a obra de teatro Zume de Amorodios a cargo do Grupo teatral O Centiño de Foz. Esta representación está inserida no Programa Buxiganga 2017 que promove a Deputación de Lugo en apoio das artes escénicas e dinamización da vida cultural dos concellos. Zume de Amorodios é unha obra de teatro escrita e dirixida por Pepe Peinó e que versa sobre os diferentes tipos de amor que se poden dar nunha parella así como os odios que inevitablemente acompañan a eses amores.

Exit mobile version