
Esta saída formativa ten lugar ao abeiro do programa Impulso a la Empleabilidad de Erasmus +, un dos proxectos nos que traballa Apaga, a asociación de profesores de automoción de Galicia, que preside o ribadense Álvaro Doural. A estadía destes tres alumnos en Pontevico (Italia) terá unha duración de 32 días.