O 10 de setembro de 2017, o Concello de Viveiro recibirá a visita dun grupo de 22 irlandeses que se achegarán ao municipio para pasar o día, comer e gozar dunha visita guiada para coñecer os principais atractivos turísticos. O destino principal deste grupo, formado por xornalistas, tour-operadores e algún escritor, é Santiago de Compostela e virán a Viveiro grazas ás xestións realizadas pola Concelleira de Turismo, quen contactou co organizador desta viaxe para conseguir que nesa data se despracen ao noso concello.