Site icon Crónica3.com A Mariña

Valoración do servizo ludoteca de Viveiro

Viveiro, 8 de setembro de 2017. A ludoteca municipal que o Concello de Viveiro puxo a disposición das familias para facilitar a conciliación laboral en tempo de vacacións, aberta dende o 10 de xullo ao 31 de agosto, deu servizo gratuíto a un total de 152 nenos.

Ao longo da súa estancia os usuarios puideron disfrutar de xogos, talleres, acampadas e, como remate de tempada, participaron dun contacontos dos rapaces de Polo Correo do Vento, dentro do programa Clesacontos e unha festa con acampada nocturna incluída.

Agardamos que os usuarios da ludoteca disfrutaran da súa participación. A valoración deste servicio por parte do Concello é moi positiva despois de recibir boas críticas por parte das familias.

Informamos que o martes día 12 de setembro, de 10 a 12 horas, poderanse recoller nas dependencias de asuntos sociais, en San Francisco, os obxetos que os nenos deixaron esquecidos nas instalacións do pavillón Vilar Ponte durante este verán.

Exit mobile version