Site icon Crónica3.com A Mariña

Viaxe ao patrimonio esquecido de Foz.

Foz 12-9-17. A Asociación Cultural “A Pomba do Arco” organiza o sábado 30 de setembro unha visita ao patrimonio esquecido do Concello de Foz que estará guiada polo presidente de Mariña Patrimonio e estudoso na nosa riqueza patrimonial Manuel Miranda.

O roteiro incluirá a visitas ao Castro de Fazouro e ao seu porto, onde se atopan restos arqueolóxicos, ao Fortaleza da Frouxeira, reparando naqueles aspectos descoñecidos, a antiga mina de estaño da Furada da Serpe en Santa Cilla e ao Cano dos Mouros, outro posíbel xacemento mineiro sito en Santa Cilia.

As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao telefone 608-555-010. O número de prazas para a visita, que se realizara en horario de tarde, é limitado polo que pregamos que aquelas persoas interesadas se anoten antes do Xoves 21.

Exit mobile version