Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de axuda ó enfermo mental “A Mariña” celebra o mes da saúde mental cunha sesión de spa

IMG-20171004-WA0000Burela 4-10-17. A A Asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña, integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) está a participar nunha xornada relaxante no Spa Attica 21 de Vilalba , unha actividade na que nesta ocasión participan 13 persoas con enfermidade mental, dos diversos Centros de “A Mariña” acompañados de 3 técnicos.
Ás 11 da mañá chegaban ás instalacións do spa , con un planing de actividades moi terapéutico. Concretamente, disfrutaron da piscina dinámica do Spa e zona de jacuzzis, ademáis do circuito termal de contrastes, con saunas, duchas bitérmicas, zona de escarcha, pediluvio, ….
Despois disfrutaron todo o grupo dunha comida de confraternización nun entorno inmellorable como é Vilalba, visitando pola tarde a “Charca de Santaballa”, e o casco histórico.
Esta actividade , xunto con outras enmarcadas durante todo o mes de Outubro, dentro das actividades programadas polo DIA MUNDIAL DA SAUDE MENTAL , repercute moi positivamente na mellora terapéutica de todos os participantes , aumentando a súa calidade de vida. Así repuxeron forzas para mañá estar presentes coa campaña “O QUE TEÑO NA MENTE”, no Centro de Saúde de Burela.

Exit mobile version