David Ballester tamén se encargou de presentar este concerto da banda da súa localidade natal e fíxoo contando algo da historia desta formación, que actualmente conta con 60 músicos, e destacou o currículo do seu director, Juan Antonio Ferrer Cerveró, valenciano que é un destacado clarinetista e actúa como solista na Orquesta Sinfónica de Galicia.
No concerto de onte a Banda de Betanzos interpretou Larga Cordobesa, de Francisco José Martínez Gallego; Memorias de África, de John Barry; Côte d´Or, de Ferrer Ferran; Saga Maligna, de Bert Appermont; Ciudad sorpresa, de Ferrer Ferran; e Banda Galega, de Felisindo Pérez Seara, esta última peza dirixida polo titular da Banda ribadense, David Ballester.
O presidente de Amadores da Música, Chema Suárez, entregou ao director da Banda de Betanzos un obsequio conmemorativo da súa visita a Ribadeo para ofrecer este concerto.