Site icon Crónica3.com A Mariña

Á cidadanía mariñá preocúpalle a situación do hospital e ter que desprazarse a Lugo para consultas e operacións

A Mariña, 10 de outubro 2017. Despois da multitudinaria manifestación celebrada en Burela o pasado día 5 e na que a sociedade mariñá amosou o seu rexeitamento á supresión da Área Sanitaria, a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña prosigue coa súa actividade de información e de traballo conxunto con todos os colectivos sociais que dia a dia se siguen a sumar ás reivindicacións en defensa da Área Sanitaria.

Este mércores, debaterase nos plenos de Foz e Viveiro a moción en defensa da Área Sanitaria.

Neste sentido, desde a Plataforma recordan que este mércores dia 11 nos plenos municipais a celebrar en Foz e Viveiro vanse debater sendas mocións en contra da supresión da Área Sanitaria da Mariña e consideran importantísimo que ao igual que se aprobaron na maioria dos concellos da comarca, se aproben nestes dous tamén, polo que mostran a súa solidariedade e apoio ás concelleiras e concelleiros das respectivas corporacións para que éstas se pronuncien en defensa da sanidade pública da Mariña e em contra da supresión da Área.

O PP sigue negándose a debater coa sociedade, por eso só se reúne cos seus correlixionarios

Desde a Plataforma piden ao Partido Popular que cese no seu rosario de mentiras, pois o seu deputado Daniel Vega volve a sair á palestra asegurando onte e Lourenzá que “a reforma sanitaria tén como obxectivos primordiais beneficiar aos pacientes e reforzar o funcionamento do hospital”. Para a Plataforma estas declaracións son unha fuxida cara adiante do Partido Popular que ao acabarenselles os argumentos tenen que tirar do seu irracional argumentario partidario, argumentario que van explicando aos seus correlixionarios e militantes porque son aos únicos que poden convencer, e non en todos os casos, pois por exemplo o grupo municipal do PP en Lourenzá non se opuxo á moción que pedia a retirada do Anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galiza. O PP sigue negándose a debatir coa sociedade, por eso só se reúne cós seus, conclúen desde a Plataforma.

A Plataforma pídelle tamén ao Partido Popular e especialmente aos seus cargos públicos e orgânicos na Mariña que se preocupen mais pola situación do hospital e da sanidade na comarca ca por intentar contar o número de asistentes ás concentracións e manifestacións.

Exit mobile version