Site icon Crónica3.com A Mariña

A oferta cultural do Concello de Viveiro para este fin de semana lévanos á biblioteca e ao teatro Pastor Díaz

Viveiro 20-10-17. Este sábado, 21 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal, os máis pequenos poderán gozar do espectáculo Letras e notas con Magín Blanco. Con esta actuación, que pertence ao programa Ler con moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, o Concello de Viveiro quere conmemorar o Día das Bibliotecas.

Dirixido a nenos a partir de 3 anos e cunha duración de 50 minutos, este é un espectáculo musical de formato individual, no que Magín Blanco interpreta temas propios para o público infantil. A través do abecedario e da música, Magín vai creando un universo fiado polas introducións ás canciones, por adiviñanzas e pequenos contiños.

Esta actividade foi todo un éxito, como mostra o feito de terense agotado xa todas as entradas dispoñibles.

Pola tarde, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz, os maiores de 12 anos poderán gozar coa peza Pensión 13, interpretada por Nova Escena. Esta obra, de teatro afeccionado e pertencente ao programa Buxiganga, é da autoría de Xoán Carlos Laxe, está dirixida por María Vázquez e ten un elenco formado por 10 actores e actrices. Durante 70 minutos, unha pensión barata é o crisol onde se fusionan as personalidades dunha decena de personaxes xunguidos pola soidade. Entre eles, un enorme baleiro que ás veces e enganado pola ilusión de compartir un prato de comida e un teito. As biografías dos protagonistas tecen unha reflexion sobre as motivacións daquelas persoas invisibles ás que adoitamos chamar marxinados.

Exit mobile version