As mobilizacións e a resposta ao unísono da comarca poden evitar a desaparición da Área Sanitaria.
Desde a Plataforma resaltan o chamamento á totalidade das mariñás e dos mariñaos, independentemente das afinidades políticas de cada quen, pois o motivo que nos une a tod@s para acudir a esta convocatoria é o suficientemente importante para remar todos na mesma dirección e frenar a sangría de perda de servizos sanitarios que vén sufrindo a nosa comarca. Perda de servizos que incluso van mais aló da sanidade, nunha comarca esquecida e maltratada tanto polo Xunta coma polo goberno do Estado.
Son moitos os colectivos, asociacións, e persoas a título individual que día tras día se van sumando a esta mobilización, ao igual que ás concentracións que se viñeron realizando diante dos centros de saúde dos concellos da comarca.