Site icon Crónica3.com A Mariña

A plataforma sanitaria afirma que este xoves A Mariña deu un paso moi importante para evitar a desaparición da área sanitaria coa masiva asistencia á mobilización

Burela 6-10-17. Na manifestación participou xente dos mais diversos sectores da sociedade mariñá, sen distinción de ningún tipo, que pacífica e democráticamente percorreron as rúas de Burela desde o Hospital ata a Praza do Concello.
A Mariña, 6 de outubro 2017. A Plataforma Sanitaria amósase moi satisfeita coa resposta das e dos veciños da Mariña, que no día de onte saíron de forma multitudinaria á rúa para defender a sanidade pública e para rexeitar a desaparición da área sanitaria, e afirman que a masiva mobilización cidadá tén que facer repensar ao Partido Popular a súa intención de eliminar a Área Sanitaria da comarca.
“Cremos que quen toma as decisións debe escoitar á xente.As maiorías absolutas otorgan o poder de gobernar, pero non dan razóns absolutas” afirmaron dende a Plataforma.
A Plataforma Sanitaria agradece a todas e todos os asistentes que deixaran as súas obrigas para acudir á mobilización
Dende a Plataforma Sanitaria manifestaron o seu enorme agradecemento a todas e todos os que se achegaron, pois moitas veces non é doado polas obrigas laborais , familiares e de calquera outro ámbito, e extenderon tamén o seu agradecemento @s comerciantes que apoiaron a mobilización, @s traballador@s de Alcoa, ás asociacións, colectivos, sindicatos e partidos políticos, Xunta de Persoal, concellos que aprobaron mocións en defensa da Área, cuxos alcaldes e alcaldesas acudiron á manifestación, representantes da Plataforma Sanitaria de Monforte e representantes da CIG-saúde das comarcas de Valdeorras e Ferrolterra. Entre os agradecementos a colectivos e asociacións enumerados onte na lectura do manifesto, desde a Plataforma queren facer unha especial mención ao Observatorio da Mariña pola Igualdade que desde o primeiro día participou activamente en todas as labores da Plataforma, e ontes non foi mencionado por erro ou despiste.
O traballo da Plataforma e a loita da sociedade mariñá para manter a Area Sanitaria vai continuar.
Así o afirmaron tamén desde a Plataforma, polo que a labor informativa e reivindicativa vai seguir adiante, sobre todo tendo en conta que ainda está pendente o trámite parlamentario desde Anteproxecto de Lei, tan lesivo para a asistencia sanitaria na comarca, e que tanta preocupación e malestar está a crear entre a poboación.
Desde a Plataforma agardan que os representantes políticos do Partido Popular estean á altura dos cargos que desempeñan e deixen de descalificar e insultar á sociedade mariñá.
Desde a Plataforma agardan que os representantes políticos do Partido Popular estean á altura dos cargos que desempeñan e deixen de descalificar e insultar á sociedade mariñá. “A comarca xa falou, manifestouse e maniféstase, e naide a poderá silenciar. Desde a Plataforma ofrecímoslle ao PP no seu día a posibilidade de realizar un debate público sobre a reforma da Lei de Saúde e o PP negouse. Polo tanto pedímoslle que polo menos respeten aos cidadáns, tanto aos que os votaron coma @s que non os votaro, e deixen de insultalos”, concluiron desde a Plataforma.

Exit mobile version