Villares sinalou que o orzamento ascende a 59.532 euros, procedentes da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia “a quen agradecemos a inversión” e recordou que vai uns meses o propio Vicepresidente, Alfonso Rueda, desprazouse ata Cervo, onde, ademais de supervisar outras obras, “percorreu as instalacións municipais e puido coñecer de primeira man as necesidades existentes”.
O rexedor recordou que é moi importante para nós manter todos os edificios municipais en bo estado e sinalou que é moita a inversión que hai que facer para o seu acondicionamento, porque ademais son moitos os que temos por todo o Concello, pero “sobre iso estamos a traballar, mobilizando cantidades importantes de diñeiro e buscando financiamento para ese fin”.