O HULA absorberá a maior parte dos recursos sanitarios e os mariñáns deberán percorrer os 100 quilómetros de distancia coa capital aínda con maior frecuencia que agora.
A veciñanza de Viveiro:
1-. Esiximos a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galiza.
2.- Demandamos unha área de xestión integrada para A Mariña con plena capacidade de xestión en asistencia primaria e especializada e sobre os seus recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos da área sanitaria.
3.- Demandamos un xiro de 90 graos nas políticas tendentes á progresiva deterioración da sanidade pública e a súa mercantilización porque a sanidade pública non pode ser un negocio, é un dereito e patrimonio de todos e todas que non queremos perder
4.- Convocamos xuntanza Informativa o luns 30 de outubro ás 20,00 horas na Sala de usos múltiples do Concello de Viveiro para anunciar as medidas a adoptar contra esta nova agresión contra a sanidade pública da Mariña.