Site icon Crónica3.com A Mariña

A XIV Rota Montes da Mariña de vehículos 4×4 celebrarase do 27 ao 29 deste mes. Foi presentada polo alcalde de Foz xunto con membros do club Os Correcamiños, que son os organizadores

211017 Presentación ruta 4x4 Montes da Mariña en FozFoz, 21 de outubro de 2017. A décimo cuarta edición da Rota Montes da Mariña de vehículos 4×4 celebrarase do 27 ao 29 deste mes de outubro. O evento foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, xunto con membros do club Os Correcamiños, que son os organizadores.

O venres 27 será a recepción aos participantes, que chegarán de numerosos puntos de España como País Vasco, Extremadura, Madrid e tamén de Portugal. Haberá un total de 125 motos, 150 quads e 215 coches, con lista de garda.

O sábado 28 partirán ás 9 da mañá do porto focense para realizar un percorrido por concellos da Mariña. As persoas que desexen ver a estes vehículos en acción poden acudir aos seguintes puntos: pola mañá á liña A Emida-Oirán e pola tarde as canteiras de Teixeira e de Fazouro.

O domingo 29 estrearase un circuíto de 35.000 metros na antiga fábrica de Pardiñas, con zona de velocidade e trial, onde a partir das 9:30 horas haberá probas de habilidade e outras actividades.

Exit mobile version