Hoxe si se posiciona claramente e o fai público na prensa o mesmo día en que a Plataforma en Defensa da Sanidade da Mariña ten convocada unha manifestación, nun claro intento de desmobilizar á cidadanía, manipulando a realidade e proxectando unha imaxe que é ilusoria.
Fala de que en tres meses van facer o que non fixeron en catro anos, fala de consolidación de diversas prazas cando sabe que non foi por vontade propia, que foi unha imposición dunha sentenza Europea, recoñece que os marcapasos xa non se implantan aquí por falla de organización, minte cando afirma que as fimoses de pequenos nunca se operaron aquí, minte cando di que non aumentan as derivacións cara Lugo, a cidadanía que as padece ben o sabe, minte sobre a fisioterapia respiratoria de lactantes xa que non son pequenos ingresados, son pequenos que están nas súas casas e de xeito ambulatorio son tratados en Burela de fisioterapia por problemas de mobilidade, sendo enviados a Lugo a facer a fisioterapia respiratoria, minte e manipula…
Para a Xunta de Persoal non é admisible que unha compañeira que leva moitos anos en este hospital obedeza sumisamente ordes políticas, inda contra os intereses da Sanidade da Mariña e dos seus propios compañeiros. Por todo isto, vémonos na obriga de esixir a súa dimisión e anunciamos que hoxe, na manifestación convocada para as 8 da tarde cantaráse “ Esta Xerenta- non nos representa”, “Por manipulación- Xerenta dimisión”.