Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta estuda ceder ao concello de Foz o uso de seis locais na planta baixa da Casa do Mar

Foz (Lugo), 24 de outubro de 2017.- A Consellería de Política Social estuda ceder ao concello de Foz o uso de seis locais na Casa do Mar, situada no Paseo da Ribeira. Suman 180 metros cadrados e comprenden a totalidade da planta baixa.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Xunta e o concello están a dar os primeiros pasos para tramitar o acordo polo que se ceden os locais, que poderán ser utilizados para prestar servizos ou albergar actividades municipais.

A planta superior do inmoble acolle o Instituto Social da Marina. Polo que respecta aos locais da planta baixa, estiveron cedidos temporalmente a una asociación sen ánimo de lucro do ámbito asistencial, pero quedaron libres ao trasladar esta as súas actividades a outras instalacións.

Balseiro enmarcou esta medida na vontade da Xunta de Galicia de “maximizar os recursos e apoiar as iniciativas dos concellos, cos que mantemos numerosas canles de colaboración para mellorar as dotacións e potenciar os servizos aos veciños aforrando custos ás facendas locais”.

Exit mobile version