Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividade-campamento de outono no Pereiro (Alfoz)

Alfoz 5-10-17. Como cada ano, no outono co inicio do curso, o grupo de nen@s, monitorxs e familias- Chao de Castro Altair de Burela marcha de acampamento a vivir experiencias e aventuras. Nesta ocasión será o próximo 7 e 8 de outubro no Pereiro (Alfoz). As cotas: 0 € para socios e 28 € para non sócios (coa posibilidade de participar nas actividades da asociación todo o mes de outubro. Inclúe transporte até o lugar de acampamento ida e volta, comida, material de actividades, tendas de campaña e seguros. Inscricións no sítio web da asociación: https://chaodecastro.wordpress.com/inscribete-aqui/

As familias interesadas en recibir mais información sobre a asociación poden contactarnos no: 659737312, mediante mensaxe á página de facebook (Chao de Castro – Altair Burela) ou ao mail chaodecastro.altair.burela@gmail.

A data límite para inscribirse é este venres 6 de outubro.

Se estas interesado en participar como monitor/a voluntario podes contactarnos tamén”.

Mais infomación en: https://chaodecastro.wordpress.com/

Exit mobile version