Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividade de iniciación ao duatlón e de fomento do baloncesto en Mondoñedo

Mondoñedo3Sábado 20-10-17. A Asociación Deportiva Salto do Coro, a Asociación Tripenta de Lugo, e a Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo organizan unha xornada especial de iniciación ao dúatlon o venres 27 ás 17 horas nas instalacións deportivas do Complexo deportivo Viñas dá Veiga.
As datas de nacemento son do 2009 os máis pequenos ata o 2004 incluídos. Os interesados téñense que apuntar no teléfono 605790091 (Raúl).
O sábado 28 a Asociación Deportiva Salto do Coro e a Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo organizan un adestramento especial de baloncesto aberto a todos os nenos que queiran participar no mesmo.
A sesión será de 11:00 a 12:30 e para apuntarse poden chamar ao teléfono 605790091 (raúl).
Estrearase novo material de adestramento que nos servirá para mellorar os adestramentos de baloncesto para as escolas deste deporte.

Exit mobile version