Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades de Outono en Alfoz

Alfoz 20-10-17. Este venres comezan as actividades de outono do Concello de Alfoz, organizadas desde a Biblioteca Municipal e a Area de Cultura, seguindo a seguinte programación de actos:

-Venres 20 de outubro 15:00 h Salón de actos do centro sociocultural – CONTACONTOS – Intérprete: CHIO COUTO – Obra: BIBLIO CANTA (Programa Ler Conta Moito – Rede de Bibliotecas de Galicia)

-Sábado 21 de outubro 20:00 h Salón de actos do centro sociocultural – TEATRO – Grupo: O TORQUES – Obra: ONDE AS DAN AS TOMAS (Programa Buxiganga – Deputación de Lugo)

-Sábado 28 de outubro 20:00 h Salón de actos do centro sociocultural – TEATRO – Grupo: OS TROCOS – Obra: FULL MONTE (Programa Buxiganga – Deputación de Lugo)

-Sábado 4 de novembro 20:00 h Pavillón Municipal – CONTACONTOS – Intérprete: ANGELES GOAS – Obra: O MEDO É LIBRE (Festa do magosto en colaboración coa ACX O Castelo)

-Sábado 11 de novembro 20:00 h Salón de actos do centro sociocultural – Grupo: TRÍPODE – Obra: COUSAS DE VELLOS

-Sábado 18 de novembro 20:00 h Salón de actos do centro sociocultural – TEATRO – Grupo: O CENTIÑO – Obra: ZUME DE AMORODIOS

-Sábado 25 de novembro 20:00 h Salón de actos do centro sociocultural – Xornada:Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE… NON! (Organiza a Concelleria de Igualdade e Benestarn en colaboración coa asociación Mulleres pola igualdade de Burela)

Exit mobile version