Site icon Crónica3.com A Mariña

As certificacións medioambientais foron analizadas na charla celebrada este luns en Ribadeo, organizada por ACISA coa colaboración do Concello

091017 CHARLA ACISA RIBADEO SOBRE GESTIÓN AMBIENTALRibadeo, 9 de outubro de 2017. O salón de actos da antiga Casa Sindical, de Ribadeo, acolleu esta tarde unha charla sobre sensibilización medioambiental. Foi organizada por Acisa coa colaboración do Concello e foi impartida por José Rodríguez Coello, responsable de Desarrollo de Negocio da Delegación de Aenor en Galicia.
O orador achegou aos asistentes ás normas ISO 9001, de xestión da calidade; ISO 14001, de xestión ambiental; ISO 45001, de xestión da seguridade e saúde no traballo; ISO 50001, de xestión enerxética; e ao sistema Emas co obxectivo de axudarlles a comprender os principios da xestión ambiental e os beneficios que dela se derivan; adquirir coñecementos sobre a aplicación real dos sistemas de xestión ambiental; e coñecer as vantaxes que lles poden aportar.
Esta actividade foi organizada colaboración da Área de Medioambiente do Concello de Ribadeo “para concienciar á poboación da importancia que ten a xestión ambiental no só para as empresas, senón tamén para os particulares”.

Exit mobile version