Site icon Crónica3.com A Mariña

Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá”-Ruta outubro

Lourenzá 12-10-17. A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará, novamente, unha fin de semana de camiñatas en Somiedo, para realizar outro par de rutas, diferentes ás das edicións anteriores.

A fin de semana do 27-28 e 29 de outubro, desprazaranse á veciña comunidade de Asturias, concretamente a Somiedo, onde teñen pensado realizar dúas rutas. A saída está prevista para o venres, 27, dende o Cantón de Vilanova, ás 19:30; incluíndo a cea desa xornada; así como o aloxamento e o almorzo do sábado en Valle de Lago.

O sábado, 28, realizarán a “Ruta Foces e Brañas de Saliencia”; esta primeira andaina ten unha distancia de 15kms e dificultade media-alta. Para as persoas que o desexen, existe a posibilidade de reducir esta camiñata e facer unha variante, denominada “Ruta Brañas de Saliencia”, de 7,5 quilómetros e dificultade media-baixa. A comida será durante o desenrolo da propia ruta.

Unha vez rematada a camiñata, o punto de destino será Valle de Lago, onde terán a cea e aloxamento desa xornada; así como o almorzo do domingo.

Na xornada do domingo, 29, a camiñata escollida é a “Ruta Braña de Sobrepena”, percorrido duns 9kms e dificultade baixa. A mediodía comerán de novo en Valle de Lago, e pola tarde, regresarán a Lourenzá.

O prezo da actividade é de 110 € para os socios e 130€ para os non socios; e inclúe:
•os desprazamentos de ida e volta dende Lourenzá ata Somiedo
•as pernoctas das noites do venres e o sábado
•as ceas do venres e sábado
•almorzos do sábado e domingo
•xantar do domingo.

Anotan ata o luns, 23 de outubro; por rigurosa orde de inscrición, xa que as prazas son limitadas.

Informan detalladamente das condicións da viaxe (sistema de aloxamento, comidas, horarios…) e inscriben, no teléfono: 647 06 70 54 (Javier).

Exit mobile version