Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle as xornadas micolóxicas, que organizaron as Concellerías de Cultura e Xuventude

281017 Foto salida setas BurelaO sábado pola mañá houbo unha charla da bióloga Cristina García-Echave Puente e saída ao monte a recoller cogomelos na compañía desta experta no mundo das setas. O edil José Díaz explicou que “o día e esta saída ao monte está a resultar moi divertida e interesante. Estamos a aprender moitas cousas con Cristina”. Os participantes nas xornadas micolóxicas estiveron nas Lobeiras. Este domingo, na Casa da Cultura poderá visitarse a exposición dos exemplares recollidos. Será entre as 10 da mañá e as dúas da tarde.

Exit mobile version