Site icon Crónica3.com A Mariña

Caramés: “O Concello de Cervo destinou máis dun millon de euros do orzamento a gastos de inversión polo que as cifras falan por si soas”

Cervo, 02 de outubro de 2017.- A edil de Facenda, Dolores García Caramés, recordou que o Concello de Cervo destinou 1.070.000 euros do orzamento do 2016, é dicir o 17% dos fondos previstos, a gastos de inversión, polo que “as cifras falan por si soas”.
Caramés destacou ademais que todas a magnitudes da Conta Xeral teñen signo positivo. Así a edil desagregrou os datos, puntualizando que o remanente de tesourería para gastos xerais ascende a 2.603.912 euros. En canto ao resultado orzamentario axustado, sitúase nos 885.260 euros; mentras o indicador de estabilidade orzamentaria sitúase nos 627.313 euros, “un resultado que mostra unha situación de superávit nas arcas municipais”.
Pero ademais de cumprir coa estabilidade orzamentaria “que implica que o Concello é autosuficiente, sen acudir a fontes de financiación externa, Cervo cumpre coa regra de gasto fixada pola normativa en materia de sustentabilidade financieira, cun gasto computable do exercicio de 2016 que ascende a 5.094.328 euros”.
Loxicamente, quedan moitas cousas por facer, -engadiu-; pero estes datos, que non se deben a unha situación puntual senón que é unha tendencia positiva que levamos mantendo durante varios anos e que son froito do responsabilidade financieira e dun traballo rigoroso, permítennos seguir a traballar, como o vimos facendo, “dando resposta ás necesidades dos nosos veciños e veciñas; materializando proxectos importantes nas diferentes parroquias do municipio; e mellorando servizos e prestacións dirixidas a mellorar a calidade de vida dos cervenses”.
A edil sinalou así mesmo a importancia de presentar unhas magnitudes económicas en positivo, froito dun gran traballo tamén dos empregados municipais dos diferentes departamentos económicos “porque esta estabilidade económica nos permite tamén optar a diferentes liñas de subvención moi importantes para o desenvolvemento do noso Concello”.

Exit mobile version