Site icon Crónica3.com A Mariña

Cidade das Burgas, primeiro espectáculo irmandiño para as laranxas en liga (sábado, 19.30 horas, TVG2)

Cilene2Burela 20-19-17. A TVG2 dará unha pincelada máis de emoción mañá ao primeiro espectáculo irmandiño de Primeira RFEF para as laranxas, coa visita á pista do Cidade das Burgas (Os Remedios, 19.30 horas). A sexta xornada chega cun derbi de contrastes, entre a cuarta praza do Pescados Rubén Burela FS (12 puntos) e a antepenúltima das ourensás (1 punto).

As de Julio Delgado e Lucas buscarán 3 novos puntos para seguir na apertadísima zona alta logo de retomar o camiño da vitoria a semana pasada nun duro partido fronte a Penya Esplugues Gironella: “Foi unha semana de moito traballo tras sacar un partido moi difícil no que tiven a felicidade de marcar o meu primeiro hattrick con esta camiseta. Estou moi contenta por esta primeira experiencia; agora toca seguir traballando e crecendo día a día” explicaba Cilene, a gran goleadora da última xornada, que comparte o título provisional de pichichi laranxa con Dany, con 5 tantos.

“Sabemos que o rival cambiou un pouco e ten algunhas baixas pero nós non debemos despistarnos. A liga está sendo moi difícil para todos, con rivais moi complicados. O Cidade das Burgas está tendo dificultades neste arranque de liga pero nós non debemos descoidarnos, temos que estar centradas en facer o noso traballo cun bo xogo” advertía a 6 burelista, confesando o seu desexo de que este primeiro derbi galego da tempada tamén brille o laranxa na bancada ourensá.

A expedición mariñá poñerá rumbo ao seu destino mañá ás 15.00 horas.

Convocatoria Cidade das Burgas: Ana Lastra, Sonia Pacios, María Arias, Clara Fernández, María Rego ‘Figo’, Amelia Cobelas, Xiana Rosales, Nahir Oliveira, Antía Sánchez, Iria Domínguez, Merche García, Canolich Fernández

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk

Exit mobile version