Site icon Crónica3.com A Mariña

Constituida a nova Xunta Directiva do centro comercial histórico de Viveiro

20171020_165540Viveiro 21-10-17. Este sábado quedou constituida a nova Xunta Directiva que estará ó frente da Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro durante os dous próximos anos. A composición da mesma será:

PRESIDENTE
VICTOR VALENZUELA EIJO de Restaurante O Muro

VICEPRESIDENTA
MARIA DOLORES GARCIA-SALAZAR MARTINEZ de Dolotravel

SECRETARIA
MARIA DOLORES PEREZ SANTOS de Piti Deportes

TESOUREIRA
MARIA RUTH ADRIO MONTERROSO de Africa Copias

VOGAIS
ANA MARIA GOMEZ MARTINEZ de Keweë
ALENJANDRA RODRIGUEZ SUAREZ de Kerale
CRISTINA RODRIGUEZ SUAREZ de Oscar Rodriguez Joyeros
DIEGO FERNANDEZ MARTINEZ de La Óptica Viveiro

A nova xunta está formada por xóvenes empresarios de distintos sectores, comercio, hostelería e servizos. Chegan con ilusión e ganas de traballar polo comercio e a hostelería de Viveiro, sobre todo para dar continuidade á única asociación de comerciantes que existe no Centro de Viveiro.

Os seus obxetivos iniciais pasan por seguir ca boa labor que realizaron os seus antecesores, aportando personais e renovadas ideas para tratar de dinamizar o sector comercial de Viveiro.

Chegan cun mensaxe moi claro, o da unidade, só un comercio unido e comprometido poderá seguir sendo punteiro na comarca. Seguirán traballando por mellorar o atractivo comercial e o poder de atracción da zona, lanzando novas promocions e servizos tanto para clientes como para negocios asociados.

O seu primero cometido será organizar a campaña de Nadal para o que se porán a traballar a partir da próxima semana e unha das suas prioridades será animar a todos aqueles negocios que non forman parte da Asociación a que o fagan, entendendo que todo o traballo deste colectivo a única forma de facelo é en conxunto.

Exit mobile version