Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega subliña que o proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia de 2018 demostra que “A Mariña “está na axenda política do Goberno de Feijóo”

IMG-20171020-WA0059A MARIÑA, 21 de outubro de 2017.- O deputado autonómico e secretario de Organización, Daniel Vega, unha vez coñecido investimento que a Xunta de Galicia destina a esta comarca en 2018, destaca que “existe un compromiso notable coa Mariña” e que queda perfectamente reflictido, unha vez máis, no documento de Orzamentos que o Goberno galego vén de presentar para o ano vindeiro ano.

Deste xeito, remarca que, dado que a administración autonómica destina máis de 11 millóns de euros a esta zona da provincia, o Executivo de Feijóo reforza, en primeiro lugar, os servizos sanitarios, a través da consignación de preto de 7 millóns de euros (5,9 son para o Plan Director do Hospital da Costa e máis de 1 millón para actuacións de eficiencia enerxética neste centro); en segundo lugar, o mantemento das infraestruturas viarias e, finalmente, a mellora de servizos básicos para os cidadáns.

“A mellor forma de demostrar o compromiso dun Goberno e nos Orzamentos. Máis de 11 millóns de euros que demostran que A Mariña está na axenda política desta Xunta de Galicia”. Neste senso, remarca que “fronte á demagoxia e á palabrería doutros partidos políticos, este Goberno galego é un Goberno de feitos”.

E é que segundo subraia o popular as contas autonómicas “son realistas e adaptadas ás necesidades desta comarca”; de aí que, as mellores expresións que definen o proxecto de Orzamentos do vindeiro ano, sexan “as do cumprimento e a dun Goberno que dá estabilidade aos cidadáns”.

Proba delo é que a administración autonómica destina 2,2 millóns de euros para a VAP da Costa Norte (Viverio e Xove), ademais de 840.000 euros para o acondicionamento da LU-124 en Lindín-Cruz da Cancela-Riotorto; “dúas das vías principais vías de comunicación que vertebran A Mariña e que están a ser moi demandadas polos veciños”.

Outras partidas relevantes
Froito deste compromiso “manifesto e rotundo coa Mariña” é, segundo indica o tamén secretario de Organización do Partido Popular provincial, que o Executivo de Feijóo tamén destina 1 millón de euros para as EDARes de Foz, Viveiro e Burela. Concretamente, á primeira destina 500.000 euros , 250.000 á segunda e outros 250.000 á terceira. Destacan tamén os 247.000 euros para o programa Rexurbe de rehabilitación de Ribadeo; 200.000 para o abastecemento na urbanización Río Cobo (Cervo) e 100.000 euros para a estación de autobuses de Ribadeo.

Daniel Vega celebra así que, ademais estes orzamentos, consolidan Lugo como a provincia de maior gasto por habitante, aumentando os recursos con destino concreto, dos que unha importante contía se materializará en obras na Mariña luguesa.

Exit mobile version